José Gil foi o primeiro cineasta galego, o primeiro produtor, o primeiro operador de cámara, o primeiro director, e non obstante é un gran descoñecido, inxustamente esquecido. O presente documental, trata sobre a vida e obra de José Gil e Gil que naceu en Ás Neves en 1870. Despois de pasar por Mondariz e Ourense, estableceu o seu estudo en 1905 en Vigo, primeiro en Carral e despois en Príncipe (1910), onde comezou a experimentar co audiovisual. Ao principio para publicitar o seu estudo de fotografía. Foi responsable do concesionario de Ford en Vigo e organizou na Praza de Touros de Pontevedra unha corrida, onde os picadores cambiaron os cabalos por coches da marca americana. Gil tivo unha vida chea de curiosidades, entre as que destaca ser o primeiro galego en dirixir unha película de ficción, "Miss Ledyia", rodada na Toxa en 1916 e onde Castelao aparece como figurante. Outra faceta interesante de Gil foi a de inventor, actividade tamén tratada neste documental de Romero. Gil morreu e