Un dos elementos patrimoniais máis característicos da paisaxe galega son os cruceiros, xa Castelao lles dedicara un gran libro titulado “As cruces de pedra na Galiza” publicado en 1950. Encrucilladas é un documental no que se  analizan os cruceiros pero que vai máis ala do seu valor arquitectónico e artístico, tratando aspectos que os relacionan con elementos da cultura popular como lendas, tradicións e rituais. Encrucilladas foi dirixido e guionizado por Pemón Bouzas e con imaxe de Victorino Lourido.