Película documental, dirixida por Marco Besas e na tamén participa a TVG, que fai un repaso desde a infancia de Barreiros, tanto en Canarias, cando xa comezou aos tres anos a acompañar ao seu pai, ata Galicia onde a familia comezou a explotar liñas de autobuses, o seu paso pola Guerra Civil, a súa empresa de construción, a xenial idea de converter motores de gasolina en diesel, a creación dun imperio industrial con case 25.000 traballadores, e finalmente, tras comezar a produción de turismos Simca 1000 e Dodge Dart, a perda de control da súa propia empresa a mans da multinacional estadounidense Chrysler. Tras cinco anos separado por imperativo legal do mundo do motor, os últimos anos da súa vida, dedicounos a desenvolver novos motores diésel, e outra vez como ao principio, a transformar motores rusos de gasolina en diésel, pero en Cuba, onde faleceu en 1992. Sen dúbida atopámonos ante unha das principias figuras da industria española da automoción, "o Ford español", a dicir de moitos a