Este documental expón un achegamento ao traballo de artistas mulleres cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte contemporánea en Galicia, a través das biografías, as obras e os testemuños destas artistas pertencentes a diferentes ámbitos creativos e xeracionais. O feito de ser muller marcou para moitas delas a súa traxectoria profesional e, sobre todo, a súa presenza e protagonismo nos espazos de poder e decisión.