Os maiores recuperan a historia da Santa Compaña. Todo galego ou viu a Santa Compaña ou coñece a alguén que a viu, como irá a Santo Andrés de Teixido de morto, se non foi de vivo. O profesor Herminio Barreiro explica que "a Santa Compaña, o que estaba visto é que era para os tipos medrosos de por si, e con medo vían o que non existía". Nesta liña, tamén a pedagoga Antía Cal explica dende a súa perspectiva unha historia que lle contaron cando era nena: "entón veu a Santa Compaña e díxolle: "tes que ir á igrexa de Muras e tes que rezar un Noso Pai". "Pero, como fago? Como se abre a porta?"; "Ti chegas, e a porta está aberta e ti saes, e a porta xa se pecha". Aquí manéxase a morte como se manexa a vida. Recorda Monseñor Cerviño "como era rapaz, pasar ao lado do cemiterio custábame moito traballo, pois a miña casa está preto do cemiterio". Doutro lado, Manuel Dourado conta o que era o aire de morto: "e para demostrarlle que o aire da cobra e o aire dos defuntos e o aire dos alamahandas, e