Susana Seivane e David Perdomo, os pereginos de “Destino Santiago”, continúan este domingo, xa máis descansados, o seu percorrido do Camiño diante das cámaras da CRTVG para realizar a etapa entre Arzúa e Pedrouzo. O percorrido é un dos máis curtos e sinxelos de todo o “Destino Santiago”. Nesta novena etapa pasarán pola carballeira de Santa Irene e por outros enclaves naturais de fermosa beleza. Na súa chegada a Pedrouzo, coñecerán un pouco máis a historia da vila, as súas xentes e mesmo as súas tradicións. Durante todo o día, “Destino Santiago” poderase ver na web da CRTVG e en www.destinosantiagotvg.gal. Este espazo é a primeira experiencia da TV Amodiño en España e tamén se pode seguir nas redes sociais de xeito ininterrompido  co cancelo #destinoSTGO e #uncamiñodiferente.