O tecido industrial e tecnolóxico marcan o carácter da cidade de Vigo. A Zona Franca é un territorio descoñecido para moitos no que desenvolven a súa actividade empresas de ámbito internacional. Empresas como Stellantis Vigo ou "A Citroën", como din os vigueses. Hoxe en "Segredos - Desmontando Galicia" descubrimos a súa historia, unha historia intimamente ligada á da urbe galega máis grande.