Segredos, Desmontando Galicia chega á ría de Muros e Noia para facer un percorrido pola historia desta bisbarra. Comezaremos á nosa viaxe coñecendo a herdanza deixada polos primeiros habitantes no castro de Baroña. Continuaremos na vila de Noia, que no século XV viviu a súa etapa de máxima prosperidade deixando auténticas xoias arquitectónicas relixiosas, civís e cun marcado carácter mariñeiro. En Muros coñeceremos unha magnífica obra de enxeñería como é o muíño de marea do Pozo Cachón e o auxe da industria conserveira en Galicia visitando a fábrica de Sel.