Nesta entrega de ("Segredos - Desmontando Galicia") queremos coñecer os cambios experimentados pola Mariña lucense nos últimos séculos. Pero para iso, hai que comezar polo principio: Cómo se formou esta costa que agocha un dos espazos máis espectaculares do litoral galego? Visitaremos Mondoñedo, Ribadeo, Burela e Foz para descubrir templos únicos, a pegada indiana, a importancia da pesca e os segredos dunha das industrias máis célebres de Galicia.