Segredos, Desmontando Galicia remexe na transformación do transporte galego ferroviario, un avance que supuxo enormes retos a enxeñeiros, arquitectos, construtoras... Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón, tratarán de descubrir como se están a mellorar as condicións de transporte ferroviario de Galicia: abriremos montañas, cruzaremos viadutos, escarvaremos na terra e montaremos as vías do tren do futuro. Unha viaxe pola paisaxe viaria de Galicia na que amosaremos a gran complexidade das obras da Liña de Alta Velocidade.