A admiración é o eixo principal sobre o que vira ‘Desexo concedido’ esta semana. A pesar de que non teñen un día libre, fixeron un oco para coñecer a Montse, a primeira protagonista do programa. Isabel Blanco irrompe nun dos ensaios de Tanxugueiras para facer realidade o maior desexo desta gran admiradora das cantareiras que se converteron no fenómeno musical do momento. Do mesmo xeito que millóns de persoas en todo o mundo, o pequeno Anxo é un gran admirador de Parque Xurásico e un apaixonado dos dinosauros. A sorpresa que lle espera no museo do xurásico de Asturias vai deixalo coa boca aberta. E por último, acudimos ao municipio coruñés de Cambre para coñecer a Carolina, unha moza moi alegre e activa que na actualidade está a pasar por un momento delicado de saúde. O que máis desexa é volver recuperar o seu aspecto físico, que se viu minguado polo duro tratamento médico ao que está sometida