No terceiro programa de `Desexo concedido´, Isabel Blanco demostrará que o día menos pensado ese desexo que pedimos cando sopramos unha candea pode facerse realidade. Este é o caso de Asun, que está a piques de celebrar o nacemento da súa filla Vega. Unha situación que afronta soa, xa que o seu marido é militar e está embarcado. Ademais, ela segue traballando e ten outra filla de nove anos. O seu desexo é ter a habitación do seu bebé montada antes de que chegue ao mundo. Carmen e Lorena son tía e sobriña e teñen unha relación moi especial. Lorena quere agradecer á súa tía o ben que se porta sempre con ela, pero especialmente o apoio que lle deu cando faleceu o seu pai. Desexa que a súa tía faga realidade o seu soño de montar en avión por primeira vez. De paso, Lorena quere viaxar a Sevilla para coñecer os seus tíos, Preciosa e Miguel. Por último, coñecemos a Paula, que leva toda a vida soñando con nadar con animais mariños, un desexo que lle fai lembrar o seu pai falecido, que era ma