Hoxe o capítulo estará en Muxía. Nesta vila mariñeira vive Viki Rivadulla, unha desertora chegada desde A Coruña que leva dende ben pequena facendo arte e que sempre soñou con vivir aquí. Tamén estaremos na praia de Nemiña cun desertor que leva a casa ás costas, Rubén Prieto, e que ademais ten unha vida ben difícil de resumir, e un Home que leva toda a vida co seu secadouro de congros a voltas.