“Desenredando a Rede” presenta as súas gamers oficiais, Katu e Chus, que fan o seu debut no espazo sobre redes cun concerto de guitarra virtual. Este é só o primeiro dunha lista de retos aos que se enfrontan as dúas compañeiras ao longo da temporada.  Os expertos do programa falan das profesións 2.0, é dicir, dos novos oficios que xurdiron grazas a Internet e ás redes sociais. “Desenredando a rede” afonda nas súas dinámicas e rutinas de traballo e nos soldos que poden chegar a cobrar os blogueiros de renome, coma Pelayo Díaz ou Alexandra Pereira, coñecida como “Lovely Pepa”.  Na sección “Nan@s”, os máis pequenos da casa enfróntanse a unha radio antiga, sen acabar de entender que teñen entre as mans e descubrindo o funcionamento deste obxecto estraño para eles.  No espazo de “I+D+i”, presentan a Nao, un robot do CiTIUS, e que non deixa indiferente a ninguén. Nao provoca que os espectadores comecen a facerse preguntas, como se chegarán os robots a controlar aos humanos. O equipo do pr