O programa ensínanos un truco para visitar os mellores museos do mundo sen movernos da casa. Os expertos explícannos como as novas formas de visualizar contidos están a revolucionar por completo o mundo da cultura.  As youtubers Piruca e Marichita enfróntanse ao Akinator, unha aplicación que presume de adiviñar o que un está a pensar, e tentan demostrar que elas son máis fortes que a máquina. Os cativos da sección  “Nan@s” aprenden esta semana o que é un gramófono e, na sección “I+D+i”, o programa fala da innovación no mundo da automoción, descubrindo como serán os coches do futuro. Como en cada programa, os reporteiros saen ás rúas para comprobar o nivel tecnolóxico de todos os redeiros e redeiras.