As aeronaves non tripuladas son todo un éxito e o programa contará como van cambiar o mundo. Por outra parte, os expertos do espazo da Televisión de Galicia amosaranlles aos espectadores como a contorna dixital lles pode facilitar ferramentas para realizar diferentes tarefas dende a casa, evitando esperas e burocracia. Ademais, as youtubers Katu e Chus abriranse á audiencia, falando das súas vidas e de como chegaron a gamers. Na sección de “Nan@s”, os cativos do programa probarán un móbil antigo e reaccionarán a el e os reporteiros sairán á rúa para preguntarlles aos galegos e as galegas se coñecen termos tecnolóxicos.