Os expertos do programa falan de como a tecnoloxía mellorou de forma substancial o día a día das persoas con diversidade funcional. Coñecemos a David Gil, un rapaz que grazas á tecnoloxía pode comunicarse co mundo que o rodea.  Piruca e Marichita aprenden a ser mellores youtubers da man de Wismichu e organizan o seu cuarto para que estea á altura dos mellores influencers da rede.  Os “Nan@s” do programa teñen entre as súas mans unha máquina de escribir, un trebello que non acaban de entender sen unha pantalla que o acompañe. Na sección de I+D+i, a protagonista é a cociña. Pepe Solla prepara unha innovadora receita empregando exclusivamente produtos da terra, pero non de calquera tipo, senón produtos compostos por I+D+i.  A xente da rúa enfróntase a 3 palabras novas: bashtag, cibercondría e xoxo. Saberán o que significan?