Os expertos que nos axudan a desenredar a rede afondan nun dos temas que máis adoita preocupar a pais e nais: a forma de protexer os fillos e fillas das ameazas virtuais. Na sección que presentan Katu e Chus, as veteranas youtubers fanlle unha curiosa entrevista ao actor e humorista da TVG Touriñán a través de Skype. As pequenas e os pequenos da sección “Nan@s” abren unha cinta de casete sen acabar de entender o seu funcionamento. Mentres, a sección “I+D+i” ocúpase de artesanía innovadora.