O programa afronta o debate sobre quen é capaz de ver o que facemos na rede e a quen pertencen as fotos que subimos ao Facebook ou ao Instagram. Os expertos do espazo tecnolóxico falan de como os cidadáns poden protexer a súa vida dixital para que esta non escape do ámbito privado.  As youtubers Marichita e Piruca entrevistan a través de Skype á cantante Lucía Pérez, descubrindo os segredos mellor agochados da representante galega en Eurovisión. Os pequenos e pequenas dsección “Nan@s” teñen unha cámara Super8 nas súas mans e, na sección “I+D+i”, fálase de biotecnoloxía, bioloxía e tecnoloxía unidas para dar continuidade á vida.