Nesta entrega de “Desenredando a Rede”, os expertos falan da formación en liña, e de como esta nova forma de aprendizaxe facilita o acceso a universidades con moito prestixio como Oxford ou Harvard. As gamers deste espazo sobre as TIC, Katu e Chus, realizan o seu primeiro reto de baile conseguindo resultados sorprendentes. En 'nan@', os máis pequenos da casa teñen nas súas mans unha cámara Polaroid, aínda que vén moi claro o seu funcionamento. A sección “I+D+i” deixa as novas tecnoloxías a un lado para amosarnos unha tecnoloxía arcaica, pero igual de válida: a bioconstrución.