“Desenredando a Rede” trata de romper as barreiras tecnolóxicas entre xeracións, nun programa para toda a familia, en que os cativos e cativas son mestres e os avós e avoas, youtubers. Cada semana, falan das últimas novidades tecnolóxicas e saen as rúas de toda Galicia para comprobar se a cidadanía está ben actualizada.  Neste primeiro episodio, coñecemios as youtubers Piruca e Marichita, que fan o seu primeiro titorial para toda Galicia e amósannos que as redes non teñen idade. “Desenredando a rede” tamén se ocupa do ‘sexting’. Os expertos do programa falan desta práctica, que cada vez está máis en auxe e que non sempre se sabe manexar ben. Eles dán consellos a todas as xeracións para que non caian en posibles enganos ou “sextorsións”.  Na sección “Nan@s”, os máis pequenos da casa explican o que é para eles un disquete, algo que nada ten que ver coa realidade, pero que as cativas e cativos resolven con moita imaxinación. E na sección “I+D+i”, tres empresas ‘made in Galicia’ falan d