No capítulo desta semana, o equipo do programa sobre as novas tecnoloxías “Desenredando a Rede” fala das casas do futuro e descóbrenos cómo a domótica revolucionará completamente a forma en que imos vivir. Ademais, as youtubers Piruca e Marichita grávanse vendo vídeos para observar cal é a súa reacción fronte a eles. Os cativos da sección “Nan@s” viaxan ao pasado máis afastado no que vai de programa, e na sección “I+D+i” faise unha visita a dúas granxas moi distintas e que empregan a tecnoloxía de maneira totalmente diferente.