Alejandro Macías, vivirá en primeira persoa a recollida de algas mariñas que seguen a facer en Ortigueira coa axuda dos seus burros, xa que é o único xeito de baixar ás praias de acceso difícil. Tamén os telesespectadores terán a oportunidade de coñecer os membros de Protección Civil da Estrada, que, ante a proximidade dos exames nacionais de rescate, deben adestrar duro cos seus cans se queren estar á altura das probas.