"Criaturas", o programa que conecta as vidas dos humanos coas do reino animal atopa por fin este domingo o golfiño máis buscado, Gaspar, que está ferido, para seguilo polas Rías Baixas e comprobar a súa gravidade; pero o programa tamén estará atento a un aviso para "navegantes" referido á chegada da campaña da antirrábica a Monterroso e para observar como reaccionan os cadelos a esta vacina. O presentador Alejandro Macías terá ocasión no programa de hoxe de consagrar a súa figura como pastor de ovellas, e nada menos que de ovellas autóctonas, e doutro lado asomarase á sección de famosos o xornalista Alberto Mancebo para presentarnos a súa gatiña Misi. Canto á enquisa que o programa realiza á xente das rúas sobre o coñecemento do mundo animal, hoxe vai de "sabemos se beben os peixes?"