Esta semana Criaturas será unha historia de contrastes. O espazo viaxará ata Lugo para coñecer un Zoo moi particular, xa que o equipo de fútbol lucense dos Garabolos amosará as súas mascotas exóticas: desde iguanas, serpes pitón, serpes da milleira ou mesmo escorpións. Criaturas coñecerá a Chico, un retriever coruñés que están a adestrar para que axude á súa dona; ela padece osteoporose e por iso vese limitada para certas actividades que a partir de agora poderá realizar grazas á axuda do seu canciño. ...