Esta semana en Criaturas asistirá ao nacemento de Pachi, un pequeno papagaio guacamaio que será criado a man por unhas rapaciñas de Poio, Pontevedra. As cámaras do programa que presenta Alejandro Macías entrarán no quirófano con Frau, unha cadela naronesa de 14 anos que ten un tumor na barriga. Debido á súa avanzada idade este mal faranos tremer pola súa vida. Co presentador e humorista Xacobo Pérez observarán máis detalladamente o cabalo de pura raza galega. Os espectadores da galega verán os coidados ...