Esta semana, o programa Criaturas viaxa ata Corvillón, Cambados. Unha ovella acaba de ter, nada máis e nada menos que seis años, seis crías, algo pouco común pero certo... Tamén se achega ata Vigo. Na cidade olívica asiste a unha voda canina, o casamento entre Maluca e Chato. E desde a voda, as cámaras do programa van cara a Lugo a facer deporte equino... Linda e Sabana son dúas eguas de elite que comparten xinete... E o famoso de hoxe será Rosa Cedrón que nos presentará unha das súas grandes paixóns,...