A viaxe ao encontro co universo das nosas criaturas lévanos hoxe ata a granxa Arqueixal, en Palas de Rei, para presenciar o cortexo do touro Perico coa vaquiña Paloma, que parece que se fai de rogar, pero tamén é certo que el é bastante insistente. O equipo do programa asistirá tamén a outro encontro, o de Margarida e Ataúlfo, dúas tartarugas con vidas moi diferentes que agora se van xuntar para experimentar se xorde ou non o amor entre elas.Noutros escenarios do programa, veremos como as veterinarias do...