"Criaturas" lévanos esta semana, da man do presentador Juan Fuentes, polos misterios da noite para comprobar como é a vida dos animais máis nocturnos. Desde outra perspectiva, a da saúde dos animais, coñeceremos os problemas de recho (estómago) da vaquiña Celta e como terá que soportar unha improvisada intervención cirúrxica se quere superalos.Dentro das historias que se refiren ao comportamento animal, o equipo do programa achéganos a observación sobre dous cadelos, Lilu e Corven, que terán que experimentar un cambio radical na súa conduta se queren saír do illamento que sofren.