O programa visita un cesteiro, un criador de caracois e unha labrega que vende ela mesma os seus produtos.  Toño é un cesteiro de renome, capaz de facer artesanía e, ao mesmo tempo, conservar unha das maiores coleccións de cestería que se coñecen. Carlos cría caracois e amósanos como nacen, medran e se reproducen estes animais.  Rosa é unha labrega afouta, que vende no seu posto da praza de Vilagarcía os productos que ela mesma cultiva na casa.