Coñecemos a Moncho, un muiñeiro cuxa familia é responsable desde hai un século de que as pedras do muíño dos Cuíña non deixen de moer. En Viveiro, Marcos explicarános sobre o “Proxecto Estruga”, unha orixinal iniciativa de divulgación e asesoría agroecolóxica. Finalmente, na Limia, atoparémonos con Iván, un gandeiro moi novo que decidiu emprender a aventura de sacar adiante unha explotación de vacas de raza autóctona.