Hoxe “en Cos Pés Na Terra” imos coñecer un cultivo novidoso en Galicia: o Lúpulo, unha marabilla natural que Elena e Carlos cultivan pra fabrica-la súa propia cervexa artesá e ecolóxica. Temos unha cita tamén con Laura, unha rapaza afeita a traballar con maquinaria pesada no monte e tamén con máquinas máis lixeiras coma as de fotos pra encher internet co seu día a día. E coñecermos a Fernando, un criador de porco celta que ten tan boa man coidando dos seus animaliños como poñéndolles nome…