Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, temos unha cita con David, produtor de horta que anda a innovar con cultivos diferentes entre os que se poden atopar tomates... Que ben poderían pasar por pementos... No programa visitarémo-la grandeza do Courel... E non poderiamos ter mellor anfitrioa. Ela é Lucía, unha artesá da madeira que a base de creatividade consegue facer marabillas... Todas elas sempre cheas... De “agarimo”. E coñeceremos tamén a Rubén, criador de galiñas de razas autóctonas,... Concretamente Piñeiras... E de Mos,... Dúas razas afeitas a “hermanarse” con tódolos habitantes da casa...