Que foi antes o ov, a galiña ou a máquina clasificadora? Se alguén ten hoxe respostas en “Cos Pés Na Terra”, ese é Alberto, que coida a diario dunhas galiñas que viven en liberdade e que llo agradecen con resultados ben saborosos… No programa tamén temos unha cita con Nuria, Uxía e Antía, coas que recolleremos diferentes tipos de follas pra poñer en práctica unha técnica novidosa, o “Ecoprint”… E coñeceremos a Marcos, un produtor de arandos en plena recolleita, co que imos demostrar, nunha xornada de traballo, que non é necesario ser da aldea pra ser de campo.