Hoxe Carlos Tresandí, aproveitando o parón radiofónico desta semana por mor da xornada electoral, presenta desde La Goulette algúns momentos INÉDITOS do COMO QUE NON?! nunca antes vistos na Televisión de Galicia. Momentos como o paso de Oswaldo Digón ou o grupo Deteriorados polo programa. Tamén aproveitará para revelar o JOL OF FEIM do programa e lembrará algúns dos mellores momentos destes últimos meses con Ángela Triana, Javi Maneiro, Rafa Durán e Le BarLuthier entroutros... Por suposto non faltará a presenza dos habituais Fernando RQR, cantándolle ao amor, ou Pepe Capelán interpretando NA DE HERMINIA.