Neste quinto programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca da Terra de Trives para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: empanada de polo feita con fariña de castaña, guiso de tenreira e bica de Trives. Anxo Trives, do Hostal La Viuda, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da Terra de Trives. Estes irán xunto a cooperativa Amarelante, en Manzaneda, a apañar castañas e ver como pasan do seu estado natural a esta prezada fariña. Con ela viaxarán ata San Xoán de Río, onde Carmen lles ensinará a traballala en empanada. En Chandrexa de Queixa visitarán a gandería Galupa, onde aprenderán todo sobre as carnes da tenreira: dende a súa crianza ata os mellores trucos para cociñala. E por último Pilar, veciña de Trives, ensinaralles a facer a sobremesa por excelencia da comarca: a bica. Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa