Neste oitavo programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca da Terra de Melide para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: cazoliña de polbo con cogomelos e gambóns, bacallau á galega e ricos con mousse de queixo. Pedro Coego, do Recuncho do Convento, en Melide, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da Terra de Melide. Estes irán xunto a Ernesto, da Pulpería Garnacha, quen lles ensinará a preparar o polbo ó estilo tradicional e incluso montarán unha pequena feira na praza de Melide. Visitarán tamén a Juan José, do ultramarinos Casa Juanito, o sitio de referencia para comprar follas de bacallau en Melide. Despois irán a Casa Xaneiro, en Toques, onde Diego lles aprenderá a receita e os segredos do bacallau á galega. Por último irán ata Casa Melchora, emblemático lugar de tradición familiar en Melide, onde Rubén lles aprenderá a facer os ricos. Despois, na Casa do Queixo de S