Neste noveno programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita dúas comarcas, a do Ribeiro e a do Carballiño, para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional destas terras, composto por: anguías fritidas, carne ó caldeiro e cañas de crema. Marco Varela, do restaurante Sábrego, en Ribadavia, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía do Ribeiro e do Carballiño. Estes irán as piscinas de Manolo “O das Anguías” para coñecer como se crían estes animais. Rita, unha experta cociñeira que formou parte da organización da Festa da Anguía de Barral, explicaralles como cociñalas, xunto con Alfredo, o actual presidente desta festa gastronómica. Para aprender a facer a carne ó caldeiro visitarán a carnicería Ferradás, no Irixo, e o restaurante Casa Gazpara, no Carballiño. Por último, os concursantes irán xunto Pilar, da pastelería A Canavela Fritida, no Carballiño, para coñecer a súa receita das famosas canas do Carballiño. Ela pert