Os cociñeiros de Fisterra e Melide foron os clasificados para disputala despois de vencer a Bergantiños e O Barbanza respectivamente. Manuel Agapito, capitán dos fisterráns e Pedro Coego, xefe dos melidenses; terán que liderar aos seus equipos para acadar o pase á seguinte fase, que xa será interprovincial: disputarana as comarcas que mellor cociñan no norte de Galicia. O menú que terán que facer os equipos a contrareloxo para convencer na cata aos 15 membros do xurado e acadar o triunfo será presentado polos sempre esixentes xefes de doces e salgados do programa: Gerson Iglesias e Manuel Garea. Vieira curada, perlas de algas e xamón; Magret de pato lacado á cervexa con marmelada de caqui e París-Brest serán os tres pratos que serán elaborados en directo con retos engadidos e algunha sorpresa culinaria inesperada.