Neste segundo programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Deza para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: empanada de liscos, mini-hamburguesas de cocido e rosquillas. Alejandro Iglesias, xefe do restaurante Cabanas, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía de Deza. Para aprender a preparar estes pratos, os cociñeiros afeccionados irán a Embutidos La Lalinense, en Lalín, a aprender a facer un cocido reinventado en hamburguesa. En Prado, Lalín, visitarán o Muíño de Cuíña e aprenderán a facer as mellores empanadas do mundo con Carme Pillado e Lola Sangiao, dúas senlleiras gañadoras da Empanada de Bandeira. Por último, visitarán os veciños de Abades, en Silleda, para que lles ensinen a amasar e dar forma á sobremesa máis característica da comarca, a rosquilla. Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse n