Neste primeiro programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Bergantiños para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: salpicón de rape, fabas con abadexo e pan de ovo. Rocío Martínez, xefa do restaurante Pementa Rosa, será a encargada de guiar aos concursantes pola gastronomía de Bergantiños. Estes irán á peixaría Barrena, en Ponteceso, a aprender a limpar, desespinar e tratar o rape. En Mens, Malpica, aprenderán á apañar e cociñar fabas da man de Antonio e Lola, agricultor e cociñeira, respectivamente. E por último visitarán a panadería Garcos, en Coristanco, para que lles ensinen a amasar e trenzar a sobremesa máis característica da comarca, o Pan de Ovo. Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, no Mercado Municipal de Carballo, aos mellores cociñeiros da comarca.