Come A Comarca As Batallas mergúllase gastronómicamente nas Rías Baixas para atopar as mellores cociñeiras e cociñeiros do Salnés e do Morrazo. Ámbalas dúas comarcas forman parte das 16 que cada semana enfróntanse nas cociñas do programa para facerse co premio final. Ademais do orgullo de ser o equipo e a zona que mellor cociña do país, están en xogo 20.000 euros en premios. 5.000 levaraos quen chegue ata o final e 15.000 irán ao peto dos gañadores. Esta semana o presentador do espazo, Fran Cañotas, terá que esforzarse para dar cos concursantes que mellor representen o facer culinario destes territorios comarcais. Así, no Salnés, coñecerá o marisqueo a pé na Confraría de O Grove e verá de preto a cría de mexillóns nas bateas de Mariscos Laureano, na ría de Arousa. O Morrazo non queda atrás nin en peixe nin en marisco, e unha boa mostra de todo o que ofrece o Atlántico poderase ver na Lonxa de Cangas. E como non todo o que se come sae do mar, e a cabra dise que tira ao monte, cataremos