A Ribeira Sacra é a espectacular paisaxe que comparten as comarcas protagonistas da nova batalla: Chantada e a Terra de Lemos. En Chantada, a búsqueda dos mellores profesionais dos fogóns ten parada en Airas Moniz, explotación de vacas «jersey» que pode presumir de elaborar o mellor queixo azul de España. Os espectadores percorrerán ademais en barca o Miño, con parada no Cabo do Mundo, o famoso meandro que o curso das augas fan xa preto de O Saviñao. Esa curva fluvial é unha das paisaxes máis icónicas da redonda. Pola súa banda, a Terra de Lemos será zona de traballo labrego onde haberá que recoller nabizas nas leiras de María Castaña, produtores de agricultura ecolóxica. E se de premios se trata, en Bóveda, visitaremos Gutrei Galicia, medalla de ouro no campionato do mundo da carne. Cando Cañotas complete os equipos comarcais, con cadanseus cinco cociñeiras e cociñeiros, chegará o prato forte de Come A Comarca As Batallas: o duelo entre as dúas formacións, onde só unha acadará a cla