Os espectadores asistirán unha semana máis a un novo enfrontamento entre dúas das 16 comarcas galegas que participan no torneo. Desta volta serán os equipos do Deza e do Baixo Miño os que tentarán seguir adiante nunha competición na que está en xogo para os cinco profesionais dos fogóns non só o prestixio de deixar quedar ben os seus territorios: quen chege a final gañará 5.000 euros e a comarca vencedora da final farase con 15.000. Conformados os equipos comarcais, a praza da Ferraría de Pontevedra será o campo neutral que asistirá a unha batalla épica. O equipo do Deza estará capitaneado por Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas. Xunto a el competirán Belén Castro de Casa Castro (Vila de Cruces), Alba Varela de Casa Achacán (Rodeiro), David Puga e Pablo Jordedo. No outro bando temos ao equipo do Baixo Miño, liderado por Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Tui. Acompañado por Raquel Alonso de Cociñarte (Tui), o reposteiro Carlos Fariña, Judicael Romero e Alba Mier. Te