A final do norte entre os coruñeses da Terra de Melide e os lucenses da Terra Chá, pon o punto e final a Come a comarca. As Batallas, a competición gastronómica que mediu a 16 equipos comarcais, representados por cinco cociñeiros cada un, na Televisión de Galicia. Haberá un menú propio dunha estrela Michelin, produtos tradicionais da nosa terra, retos culinarios… Todo nunha contrareloxo na que un xurado decidirá nunha cata a cegas cal é a comarca que mellor cociña nas provincia de A Coruña e Lugo. Pedro Coego, do Recuncho do convento e á fronte dos melidenses; e José Luis Álvarez «Bouso», de O Castro, en A Pastoriza; deixan os seus restaurantes e poñen o brazalete de capitán de equipo, para conseguir xunto cos seus compañeiros o premio final. O orgullo comarcal está en xogo, pero tamén 20.000 euros. 15.000 para os gañadores e 5.000 para o equipo finalista. Os xefes de salgados e doces do programa, Gerson Iglesias e Manuel Garea, mandan a Fran Cañotas, presentador do espaz