´Comando G´ recibe a visita da popular cantante Alba Navarro, que cantará dous dos seus temas máis coñecidos e unirase á mesa do Xurado xunto a Xosé Manuel Piñeiro e Xosé Luís Blanco Campaña para valorar as experiencias e actuacións musicais dos cinco famosos. Paloma Lago terá que demostrar que é unha boa albanel traballando nunha empresa de reformas.  Patricia Pérez participará nunha competición de ´agility´ e terá que demostrar a súa habilidade con Kai, o can que lle asignaron os responsables da organización. Trisha Fernández vai experimentar por primeira vez na súa vida o que se sente nunha sesión de acupuntura. Un verdadeiro drama para ela tendo en conta que as agullas son as súas maiores inimigas. Alberto Comesaña ten fobia ás abellas e enviámolo a Lugo cos responsables de Mel da Anta para ver se cambia de opinión. Lucía Rodríguez pasa unha xornada desempeñando o oficio de peixeira ambulante cun padriño moi especial.