Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada, Lucrecia, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana. Paloma Lago viaxa ata A Guarda para converterse nunha valente percebeira. Lucía Rodríguez sempre se queixa de que é arrítmica, así que esta semana sairá da súa zona de confort para formar parte do Clube Maniotas de Vigo, de ximnasia rítmica. Alberto Comesaña terá que presentarse a unha oferta de traballo dunha pastelería. Trisha Fernández vivirá esta semana unha das experiencias máis duras. Xunto a Diego Fernández, coñecerá o fútbol gaélico e Patricia Pérez entrará por primeira vez nun salón de peiteado de animais.