Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada desta noite, Yurena, é o xurado encargado de valorar as experiencias dos protagonistas e valorar a cantiga versionada que interpretan en plató, na que contan o que viviron. A xornalista e presentadora, Lucía Rodríguez, viaxará ata Vigo para traballar como dependenta nun sex shop. Pola súa banda, Patricia Pérez enfrontarase a un dos seus grandes medos: a auga. Unha experiencia dura para a presentadora, que realizará por primeira vez "wakeboard". Alberto Comesaña viviu esta semana unha experiencia moi divertida, converténdose nunha "Drag", grazas a Lola Menta e Ketty Pinn, que cada sábado pola noite realizan un Bingo "Drag". Trisha Fernández irá ata Muíños, en Ourense, para participar na "Gradiator Race", unha carreira extrema de 6 km. e con 24 obstáculos. E Paloma Lago viaxará ata a Ribeira Sacra para realizar viticultura heroica.