´Comando G´ recibe de novo a visita da cantante Lucía Pérez, que cantará dous dos seus temas máis coñecidos e unirase á mesa do Xurado xunto a Xosé Manuel Piñeiro e Xosé Luís Blanco Campaña para valorar as experiencias e actuacións musicais dos cinco famosos. Patricia Pérez demostrará que ser dependenta de supermercado non é tarefa sinxela. A súa madriña, Marisa Peiteado, será a encargada de esixirlle os obxectivos da xornada laboral. Alberto Comesaña converterase en mariñeiro de baixura en Boiro grazas a José Romero, que poñerá todo da súa parte para que o cantante aprenda o oficio. Lucía Rodríguez acode a unha clase de baile sexy, unha disciplina que acabará por converterse nunha terapia feminina. Grazas a Adelia Álvarez, a presentadora da TVG soltarase fisica e psicoloxicamente. Xunto a Pablo Méndez, da Fábrica de Artistas, Paloma Lago vivirá unha experiencia de altura, formando parte dun dos seus adestramentos. Trisha Fernández terá que traballar no servizo de ¨catering¨ de