Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada, Lucía Pérez, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana.Paloma Lago viaxa ata Lugo para coñecer o oficio do seu padriño, Domingo López. Durante un tempo, ela crerá que está traballando nunha granxa de vacas, ata que descobre que se converterá por un día en inseminadora de touros. Lucía Rodríguez irá ata a estación de Manzaneda crendo que a súa experiencia é unha viaxe en globo aeroestático. Iso prodúcelle moito estrés polo seu medo ás alturas, pero en realidade, o seu reto de hoxe será facer o mantemento da estación, unha experiencia con todo tipo de dificultades para ela. Alberto Comesaña comeza o programa cun accidente que pon en dúbida a súa continuación. O seu primeiro reto foi facer unha clase de "pole dance" coa campioa de España, Karina James, pero desgraciadamente, despois de moito esforzo, caeu dunha barra e lesionouse. Patricia Pérez iniciou tamén